miércoles, 16 de abril de 2008

Segunda reunion GUM Galicia



Achégase a segunda reunion do Grupo de Usuarios de Macintosh de Galicia organizada de novo por Tazzito.

Parece que nos quedou bo sabor de boca a todos a derradeira vez que nos xuntamos que en apenas dous meses xa estamos eiqui coa segnda reunión, que ben!!!

Tamén parece que nos gustou o lugar elexido a ultima vez porque de novo repetiremos local, si, volve ser en M* (café e copas), os que viñestes, xa sabedes onde atopalo e os que non direivos que está no centro de Santiago, na zona da Praza de Galicia (Rúa Fonte de San Antonio, 15), faciliño de atopar.

A data vai ser o Sábado 26 de Abril ás 7 da tarde. A idea e tomarnos unhas cañas, charlar e posteriormente ir a pinchar algo por a zon vella de Santiago e seguir coas cañas jeje.

Espero que os que non pudestes vir a anterior vez vos animedes e traigades os vosos cacharriños de apple, fai un pes pudemos ver na reunión 2 iphone!!! a ver si esta temos sorte e alguen nos trae un MacBoookAir. Vai ser unha xornada moi animada e divertida, vémonos alí.

martes, 26 de febrero de 2008

Bloque de Lego que reproduce mp3



Esto chamoume moito a atención xa que dende moi pequeno xoguei con Lego e inda hoxe cando teño algo de tempo volvo facelo, e agora abro un blog de tecnoloxía e atópome este reproductor mp3 coa forma dun bloque de Lego.

Esta dispoñible en varias cores, se vos fixandes, veredes que os botóns de control son os redondeles do propio ladrillo, que curriño!!! A batería interna ten una autonomía bastante reducida, unhas 6 horas, e porriba chegalle ben o que custa (46 dólares), ainda así seguro que algun friki de Lego se fai con él.

Na foto os auriculares son os do ipod (que curioso). Só me gustaría saber si o reproductor encaixa nas pezas orixinais de Lego.

miércoles, 20 de febrero de 2008

Primeira reunión de "macker@s" en Galicia




Este venres día 22 de febreiro ás 8 da tarde, vaise celebrar a primeira xuntanza de amig@s do "mac" en Galicia (GUM Galicia).Esta xuntanza informal está organizada por un coñecido podcaster galego chamado TaZZiTo. Nela preténdese que nos coñezamos fisicamente os galegos e galegas ós que nos gusta todo o relacionado coa compañía da mazá, Apple.

O local elexido é a cafetería m* (si, chámase asi) que está en Santiago de Compostela tan só a 50 metros da Praza de Galicia, a dirección é: Fonte de Santo Antón 15. Na elección do local tiven eu moito que ver xa que fun o que lle propuxo a TaZZiTo que o fíxéramos neste lugar. Espero que todo saia moi ben e que sexamos o maior número posible de xente para que cada un aporte as súas experiencias e ideas.

Cónvidovos a todos a asistir, vémmonos alí.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Entroideiros



Este ano o Entroido ven moi cedo, a mediados de febreiro.

Revolvendo no baúl dos recordos, atopeime con fotografías de persoas mais ou menos anónimas e decidín facer esta entrañable composición. Hai fotos que son do ano 2000 así que igual estamos algo cambiados dende aquela. Espero que vos guste tanto como a min e vos busquedes nas fotiños, quén sabe, tal vez aparezcades por ahí! Teño que dicir que hai algún que outro enchufado que sae un par de veces.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Cinco anos de Prestige



Onte celebrouse en Muxía un acto para homenaxear a todolos voluntarios, mariñeiros e mariscadores que realizaron a limpeza das praias e toda a costa galega.

Recordar o que pasou ponme triste e o mesmo tempo orgulloso de recordar a todas aquelas persoas como si foran un so organismo, lanzándose o mar e as praias cos seus pequenos barcos e coas suas propias maus para loitar contra aquela cousa negra tan enorme. No sinxelo acto lembrouse o esforzo das xentes do mar, a solidaridade dos veciños dos pobos costeiros, a labor de milleiros de voluntaris chegados de toda españa e o compromiso das xentes da cultura e de milleiros de galeg@s co berro cidadan de Nunca Máis.

Como remate do acto, Jorge Drexler interpretou a canción "Flores en el mar" elexida por él mesmo como homenaxe a todos os que colaboraron na loita contra a marea negra, e fíxose unha ofrenda floral no mar de Muxía.

Xa pasaron cinco anos esperemos que nunca máis se repita.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Viñeta de Forges

viernes, 26 de octubre de 2007

Pon un novo mac no teu mac



Hoxe sae o novo sistema operativo de apple, o Mac OS X 10.5, mais coñecido por "Leopard". É unha actualización que incorpora moitisimas melloras, 300 según a propia apple (ainda que isto é moito marqueting). O que si é verdade e que incorpora melloras que afectan á interactuación do usuario co sistema operativo (interface) que o fai moito mais sinxelo e intuitivo.

Entre os cambios mais destacados nesta versión encontramos o escritorio, no que o dock foi completamente remodelado e se lle añadiron stacks, pilas onde organizar ficheiros (foto de arriba), o finder, que recibiu un lavado de cara e o añadido de cover flow, time machine, una aplicación para copias de seguridad, e spaces, escritorios virtuais.

Como sempre apple coa calidade dos seus produtos, vai a anos luz da súa mais directa competidora, microsoft. Ánimo Bill, esforzate que de eiqui a unhos cinco anos poderás copiar un novo guindous que se achegará a este Leopard (de lonxe).

miércoles, 17 de octubre de 2007

Photo Galicia 2007



Entre hoxe e maña empeza en cinco cidades galegas a primeira edición do festival de fotografía "PHotoGalicia 2007". Este evento ofrece un conxunto de exposicións que reúnen tradición e vangarda con grandes nomes e novos autores. As exposicións terán lugar dende o 18 de outubro de 2007 ata o 06 de xaneiro de 2008. Anímovos a que visitedes polo menos a da vosa cidade mais crecana.

Estas son exposicións nas difernetes cidades:
. Pontevedra: Fundación Caixa Galicia
"Tres vídeos tristes" de Alberto García-Alix.
. Compostela: Sede Fundación Caixa Galicia
"África" de Sebastião Salgado.
. Lugo: Sede Fundación Caixa Galicia
"De esguello" de Sylvia Plachy.
. A Coruña: Sede Fundación Caixa Galicia
"Despreocupado pero non indiferente" de Man Ray.
. Ourense: Centro Cultural da Deputación de Ourense
"Inverso urbán" de Manuel Vazquez.

martes, 16 de octubre de 2007

Caixa de musica



Ahora podes escoitar música mentras navegas por este blog. Vaia maravilla.
Eu púxenvos 6 das cancións que estou escoitando ultimamente, bastante variadiño (como me gusta a min), espero que as disfrutendes:

. Resolution: derradeiro disco de Prince
. La vida es mas compleja de lo que parece: derradeiro traballo de Drexler
. Relax, take it easy: Mika, Life in Cartoon Motion, impresionante este rapaz
. Por que se frotan las patitas de Pepe Begines, cantante dos "Chanclas"
. Y sin embargo: Joaquin Sabina, que podo decir de Sabina
. O cosa: inconfundible Manu Chao

lunes, 8 de octubre de 2007

Fin de semana pasado por viño




Este fin de semana estiven axudanando nunha vendima na Ribeira Sacra. Todos coñecedes esta zona tan especial de Galicia, na que os ríos Sil e Miño excavaron durante miles de anos unhos cañons impresionantes nas rochas. Hoxe en día estas excavacións sirven de fronteira natural entre Lugo e Ourense. Eu estiven na parte ourensana, concretamente as viñas estaban no concello de Parada do Sil. O día non foi moi duro que digamos, e como cando se xunta un grupo máis ou menos grande de xente para realizar unha tarefa no campo, o mellor ven despois; almorzo a media maña, bromas, chistes picantes, comida o mediodía, chupitos despois... bueno, para que seguir, seguro que volo imaxinandes.

As fotografías son do "patron" das viñas e da vista que tiñamos dende onde nos atopabamos. Visitai canto antes a Ribeira Sacra.